Arzúa o destino verde de Galicia

Arzúa acolle este venres a presentación do libro «A dama da noite»

26 septiembre, 2016

ADXUDICACION

FORMALIZACION
xavier-seoane

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que este venres día 30 de setembro o Club de lectura “Arzúa Lee” organiza a presentación do libro A dama da noite, a biografía novelada de Rosalía de Castro do escritor Xavier Seoane  publicada por edicións Laiovento.

O acto, que será presentado por José Manuel Pampín Villar, terá lugar na Capela da Madanela de Arzúa ás oito e media do serán e nel o autor dará a coñecer a súa obra de absoluta ficción que recrea a dramática loita entre a vida e a morte, a confusión entre o real e o soñado, así como as lembranzas, temores e aspiracións dun horizonte histórico nunha Compostela de soños liberais e románticos.

O acto será de acceso libre e aberto ao público en xeral.

 

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.