Arzúa o destino verde de Galicia

Arzúa acolle este sábado a presentación do libro «As rapazas de Xan»

22 octubre, 2012

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para este sábado día 27 de outubro a presentación do libro As Rapazas de Xan, primeira novela do escritor Manuel Iglesias Turnes  publicada por edicións Xerais de Galicia.

O acto terá lugar na Capela da Madanela de Arzúa ás nove e media da noite e nel participarán o propio autor, o alcalde do Concello de Arzúa, José Luís García López, Suso de Toro, Pablo Baamonde e Jose Turnes. O autor dará a coñecer a súa obra na que se recrea a vida dunha aldea galega dos anos cincuenta onde ten lugar unha historia de amor incondicional entre dous dos seus protagonistas, que como tantos outros mozos naquela época soñan cun futuro ao outro lado do Atlántico.

Dende o Departamento de Cultura, Natalia Pereira Rey, convida a todos os veciños e veciñas a “apoiar tanto ao escritor, Manuel Iglesias Turnes, como a súa obra coa que de seguro moitos de nós nos sentiremos identificados”.

PRESENTACIÓN DO LIBRO «AS RAPAZAS DE XAN»

Sábado 27 de outubro

Capela da Madanela

21:30 horas

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.