Arzúa o destino verde de Galicia

Aprázase o Obradoiro de Xogos Populares de Lema

12 abril, 2012

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que o obradoiro de xogos populares e tradicionais que se ía celebrar este sábado na parroquia de Lema suspéndese por mal tempo.

A actividade levarase a cabo noutra data no lugar da área recreativa de Lema que se atopa á beira da estrada que conduce a Santiso.

O Departamento de Cultura avisará con antelación do novo día de realización do obradoiro a través de Radio Arzúa e mediante cartelería e informa que o vindeiro sábado día 28 de abril será a quenda de Maroxo no seu local social.

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.