Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Apertura da convocatoria para a participación no Día do Comercio Local

diadocomercio2

O Concello de Arzúa promoverá a segunda edición do Día do Comercio Local

Trátase dunha iniciativa encamiñada á promoción do pequeno comercio nunha xornada repleta de actividades dinamizadoras.

 

O luns, 8 de decembro, terá lugar no Concello de Arzúa o Día do Comercio Local que se organiza por segundo ano consecutivo a través do proxecto Arzúa Comercial.

Con esta cita o goberno municipal dá continuidade á iniciativa posta en marcha o ano pasado coa finalidade de promocionar o comercio, a hostalaría e os servizos do municipio.

Aproveitando a proximidade da campaña de Nadal e a feira quincenal, organizarase unha xornada con actividades, promocións e animación de rúa.

Para poder deseñar unha proposta atractiva para o público en xeral, o Concello solicita a colaboración do comercio para que ese día ofrezan descontos, vales de merca, agasallos ou outras promocións; tamén poderán plantexar demostracións ou pequenos coloquios sobre os produtos.

Así mesmo, animan aos locais hostaleiros a que se involucren nunha Ruta de Tapas para promocionar a gastronomía e os produtos de calidade da zona, así como aos nosos restaurantes, bares e cafeterías.

Ao igual que na primeira edición, dende o Concello de Arzúa difundirase o evento, programaranse actividades complementarias e elaboraranse programas de man con toda a información das actividadades e das propostas que os locais comerciais e hostaleiros vaian definindo.

Os empresarios e empresarias interesados en participar deberanse anotar no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa ou chamando ao teléfono 981 500 222 entre o 4 e o 14 de novembro. A inscrición é gratuíta.

O alcalde do Concello de Arzúa, José Luis García, anima á participación “neste proxecto común que sairá adiante coa colaboración de todos e que beneficiará e dinamizará o noso comercio”; tamén aproveitou a ocasión para anunciar que haberá novidades na programación da presente edición “para conseguir unha maior participación tanto dos veciños e veciñas como dos visitantes”.José Luis García incidiu en que o éxito da edición pasada avala, dalgunha maneira, a boa acollida que terá este ano.

Descargar FICHA DE INSCRICIÓN

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email