Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Actuación da Rondalla Moraima

Cartel RONDALLA MORAIMA

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que este sábado, día 22, a Rondalla Moraima ofrecerá un concerto, na Casa da Cultura ás oito da tarde. Esta agrupación xa se gañou un oco importante na vida musical arzuá e este sábado intentará colleitar outro éxito máis cun novo recital composto por mexicanas e rancheras.

A agrupación musical conta actualmente cun total de doce componentes: cinco guitarras, tres laúdes, tres bandurrias e unha voz solista. O recital está  organizado no marco dun programa de varios concertos que a Rondalla Moraima ten planificado para este ano.

Dende a Rondalla e o departamento municipal convidan a todos os veciños e veciñas a desfrutar da súa música. A entrada será gratuíta.

RONDALLA MORAIMA

SÁBADO 22 DE MARZO | 20:00 horas

CASA DA CULTURA DE ARZÚA

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email