Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Actividades municipais 2016-2017

O Concello de Arzúa presenta a oferta de actividades municipais para o novo curso.

O Concello ofrece catorce modalidades culturais, deportivas e educativas para todos os veciños e veciñas.

O Concello de Arzúa presenta o programa de actividades municipais para o curso 2016-2017 cunha ampla oferta de actividades deportivas, culturais e educativas dirixidas a todos os públicos.

Por unha banda, e por terceiro curso consecutivo, o Departamento de Cultura continúa co Obradoiro Municipal de Danza que impartirá nas tardes dos xoves as modalidades de Ballet Clásico e Danza Moderna dende os 5 anos e Bailes de Salón para persoas de 18 anos en diante. As sesións comezarán no mes de outubro e o prazo de inscrición abrirase do 15 ao 30 de setembro na oficina de Cultura e Deportes. Poden solicitar máis información no teléfono 981 500 222 ou no correo electrónico cultura@arzua.gal.

Por outra banda, dende a Concellaría de Deportes cotinúan apostando polas diferentes modalidades deportivas que veñen alcanzando un alto éxito de participación e satisfacción nos últimos anos. Así, este departamento municipal ofertará de novo Ximnasia para a terceira idade a partir dos 60 anos, Ioga para maiores de idade, e Tenis e Patinaxe para os nados e nadas a partires do ano 2011. Como novidade, co firme obxectivo de mellorar a oferta de actividades, inclúense este ano as disciplinas de Baloncesto e Bádminton para nados e nadas a partires do ano 2011. O prazo de inscrición tamén estará aberto do 15 ao 30 de setembro na oficina de Cultura e Deportes onde tamén poñen a disposición dos interesados e interesadas para informarse o teléfono 981 500 222 e o correo electrónico luis.otero@arzua.dicoruna.es.

E, por último, a oferta de actividades complétase coas distintas modalidades educativas que se imparten dende a Aula de Educación de Adultos do Concello. As propostas formativas son Escola dos maiores, Graduado en E.S.O., Preparación das probas de acceso aos ciclos de grao medio e superior de F.P., Preparación das competencias clave e Bacharelato a distancia. Poden achegarse a Aula de Educación de Adultos situada no primeiro andar do Recinto Feiral Terra do Queixo en horario de tarde. Para estas ensinanzas a matrícula está aberta todo o ano dende o 1 de setembro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email