Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Actividades do Día do Nen@ 2018

Actividades do Día do Nen@ 2018

Arzúa conmemora un ano máis o Día Internacional do Neno con actividades culturais para escolares.

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa celebra, un ano máis, o Día Internacional do Neno con varias actividades culturais para o desfrute dos escolares arzuáns.
Os nenos e nenas dos centros educativos de Arzúa poderán desfrutar de actuacións musicais e teatrais organizadas polo Concello de Arzúa e que se realizarán en horario lectivo.
A primeira delas será hoxe luns, día 19, para os alumnos de Educación Infantil que poderán gozar dunha representación teatral a cargo da compañía Ghazafelhos e o seu espectáculo Bon Appetit.
O martes día 20 será a quenda para os alumnos de 1º, 2º e 3º curso de Educación Primaria que participarán no espectáculo Contos do recreo a cargo de Redrum Teatro.
Outra proposta destinada aos escolares de 4º, 5º e 6º de Primaria terá lugar o mércores 21. O espectáculo teatral Leonardo e os fontaneiros virá da man da compañía Ubú Teatro que pon en escena esta obra de María Victoria Moreno.
E, por último, o xoves 22, os mozos e mozas da ESO pecharán este programa de actuacións coa representación de Logos a cargo da compañía Lucecús Teatro.
Todas as actuacións anteriores serán ás once e media da mañá na Casa da Cultura.
Como novidade, esta edición o Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza tamén un espectáculo na Escola Infantil. A proposta musical O son que me arrola celebrarase o venres 23 de novembro ás dez e media.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email