Arzúa o destino verde de Galicia

Actividades culturais da semana das Letras Galegas

15 mayo, 2013

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para esta semana un completo programa de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Despois de abrir a programación coa inauguración da exposición de esculturas de Camilo Seira, a semana comeza co teatro como protagonista. Será este martes 14 e xoves 16 cando a Aula de Teatro de CDR Amarai poña en escea a obra Os amores de Boimil na Casa da Cultura. Ambos os dous días as actuacións comenzarán ás once e media da mañá, sendo a primeira xornada reservada para os escolares da vila e a segunda aberta a todos os públicos.

O venres 17 de maio Arzúa celebrará o día propio das Letras Galegas coas actuacións do grupo de música e baile tradicional O Bringuelo e coa Banda de Música de Arzúa a partires das seis da tarde na praza da vila ou no recinto feiral Terra do Queixo, en caso de mal tempo.

Por último e para rematar a semana, en colaboración coa Biblioteca Municipal Rosalía de Castro, o sábado 18 Xanela Ocio entreterá aos pequenos de entre tres e doce anos cun contacontos ilustrado en directo titulado  Mira como cho conto! na propia biblioteca ás doce do mediodía. Todas as actividades son gratuítas.

O alcalde do Concello de Arzúa, José Luís García López, convida a todos os veciños e veciñas a participar nestas actividades “que de xeito lúdico pretenden conservar e apoiar o uso e coñecemento da nosa propia lingua”.

Last modified: 24 diciembre, 2018

Comments are closed.