Arzúa o destino verde de Galicia

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS CURSOS PREPARATORIOS DO CELGA EN ARZÚA

14 febrero, 2014

O Concello de Arzúa informa que a Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, vén de anunciar a próxima realización de cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Os cursos están dirixidos a persoas maiores de 16 anos ou que os fagan durante o ano 2014. As datas de realización dos mesmos serán nos meses de abril e maio.

As persoas interesadas poden preinscribirse dende hoxe mesmo nas oficinas do concello ou mediante o número de teléfono 981815296, o prazo remata o vindeiro 23 de febreiro. Para que o curso poida ser concedido en cada unha das localidades é preciso contar como mínimo con 20 persoas inscritas.

Last modified: 24 diciembre, 2018

Comments are closed.