Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Aberta a convocatoria para a inclusión no catálogo da Rede Cultural 2017 da Deputación da Coruña.

Aberta a convocatoria para a inclusión no catálogo da Rede Cultural 2017 da Deputación da Coruña.

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que, co obxecto de contribuir á difusión e á promoción da música, do folclore, do teatro, da danza, do cine e das demais manifestacións artísticas na provincia, a Deputación da Coruña abre o prazo para a participación na programación da Rede Cultural para o ano 2017, tal e como se anunciaba o pasado luns 9 de xaneiro no B.O.P. nº 5.

Para realizar actuacións e incluirse no catálogo para tal fin, poderán participar nos programas as agrupacións de música, danza ou teatro que teñan residencia na provincia. Neste caso, os grupos interesados deberán realizar a solicitude antes das 14:00 horas do 20 de xaneiro.

As solicitudes presentaranse telematicamente, a través da páxina web da Deputación da Coruña (www.dicoruna.es).

Este ano, como novidade, dáselle dende a Deputación Provincial unha nova estructura aos distintos programas. Deste xeito, a Rede Cultural do 2017 contará con dous grandes apartados dentro da categoría profesinal. Por un lado, “Escena ao vivo” onde se integran os programas de teatro, monicreques, música e danza e, por outro lado, “Visións” onde están representados o cinema e outro contidos audiovisuais.

Na categoría non profeional, nace o programa “Alicerce” no que estarán incluídos os grupos de danza, música e teatro de carácter afeccionado.

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email