Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Aberta a convocatoria para a inclusión no catálogo da Rede Cultural 2016 da Deputación da Coruña

deputacion

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que, co obxecto de contribuir á difusión e á promoción da música, do folclore,do teatro, da danza, do cine e das demais manifestacións artísticas na provincia, a Deputación da Coruña abre o prazo para a participación na programación da Rede Cultural para o ano 2016, tal e como se anunciaba o venres 22 de xaneiro no B.O.P. nº 14.
Para realizar actuacións e incluirse no catálogo para tal fin, poderán participar nos programas as agrupacións de música, danza ou teatro que teñan residencia na provincia. Neste caso, os grupos interesados deberán realizar a solicitude antes das 14:00 horas do 12 de febreiro.
As solicitudes presentaranse telematicamente, a través da páxina web da Deputación da Coruña (www.dicoruna.es).

Acceso á convocatoria

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email