Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Aberta a convocatoria de axudas da Deputación da Coruña para o 2016

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa da apertura da Convocatoria de programas de apoio á cultura e ao deporte, dirixidos a entidades sen ánimo de lucro para actividades e investimentos durante o ano 2016 , tal e como se anuncia no B.O.P. nº 226 do mércores, 25 de novembro de 2015.

Poderán acollerse a estas axudas as asociacións de carácter cultural e deportivo da provincia da Coruña que estén legalmente constituídas. Neste caso, as interesadas poderán realizar as solicitudes ata o 15 de xaneiro de 2016.

O importe mínimo do orzamento da actividade ou investimento será de 3.000 euros, dos cales, con caracter xeral, se solicitará entre un 20 e un 80%.

As solicitudes deberán formularse telematicamente na aplicación web da Deputación da Coruña a trabés da páxina www.dicoruna.es.

Poden informarse nas instalacións municipais do Departamento de Cultura e na oficina do coordinador deportivo.

Enlace CONVOCATORIA NO BOP Nº 226, 25-11-2015

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email