Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Aberta a convocatoria da Rede Cultural da Deputación da Coruña para este ano 2012

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa da apertura do prazo para solicitar actuación dos grupos inscritos na Rede Cultural ás asociacións da provincia.

Poderán solicitar unha actuación dos grupos incluídos no Programa de Música e Teatro para grupos non profesionais todas aquelas entidades sen ánimo de lucro da provincia, que estean xuridicamente constituídas, e que teñan entre as súas finalidades a promoción da cultura.

O prazo para presentar a solicitude comeza o vindeiro venres día 11 e remata o 31 de maio.

Os impresos de solicitude e o listado de grupos na Rede Cultural están a disposición dos interesados nas instalacións municipais do Departamento de Cultura, na páxina web da Deputación (www.dicoruna.es) ou na propia sede da Deputación.

Para máis información poden chamar ao teléfono 981 500 222.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email