Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Aberta a convocatoria da Rede Cultural 2015 da Deputación da Coruña

logo deputación azul

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa da apertura do prazo de solicitude de grupos da Rede Cultural 2015 da Deputación da Coruña, tal e como se anunciaba no BOP n.º 57, do 26 de marzo.

Deste xeito, comunícase que as asociacións da provincia que queiran solicitar actuacións dos grupos inscritos na Rede, deberán presentar as solicitudes entre os días 31 de marzo e o 20 de abril de 2015, ambos os dous incluídos.

Os datos completos das agrupacións artísticas que participan na Rede Cultural poderán consultarse na páxina web da Deputación (www.dicoruna.es) e a presentación das solicitudes será de xeito telemático a través do citado portal web.

Poderán solicitar un grupo incluído no “XXXII Programa de Música e Teatro para grupos non profesionais” todas aquelas entidades sen ánimo de lucro da provincia, que estean xuridicamente constituídas, e que teñan entre as súas finalidades a promoción da cultura. As asociacións deberán asumir o 50% do importe da actuación solicitada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email