Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Aberta a contratación da Rede Cultural da Deputación para o 2013

Concellos e asociacións poden solicitar xa as actuacións dos grupos inscritos na Rede Cultural 2013

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que o pasado xoves día 7 de marzo saía publicado no Boletín Oficial da Provincia número 46 o anuncio da apertura do prazo para solicitar as actuacións dos grupos que forman parte da Rede Cultural da Deputación.
Desta xeito, as asociacións e concellos da provincia que se queiran sumar a esta iniciativa deberán presentar as solicitudes entre os días 8 e 27 de marzo.
Todos os datos das agrupacións artísticas que participan nesta nova edición da Rede Cultural poden consultarse na páxina web da Deputación (www.dicoruna.es). En canto aos impresos de solicitude, están a disposición dos interesados na mesma web, na oficina do Departamento de Cultura do Concello de Arzúa e na sede provincial.
Na categoría profesional, a Rede Cultural ofrece este ano o XXV Programa de teatro e títeres para compañías profesionais, o XXVI Ciclo de música para intérpretes profesionais, e o VII programa para compañías de danza profesionais e outras actividades.
Por outra banda, na categoría non profesional desenvolverase a XXX edición do Programa de música e teatro para grupos non profesionais (bandas de música ou gaitas, corais, orquestras, intérpretes solistas, danza ou artes escénicas).
As entidades sen ánimo de lucro como, por exemplo, as asociacións deberán facer fronte á metade do gasto pola contratación dalgún destes espectáculos, mentres que a outra parte correrá a cargo da Deputación da Coruña.

Descargar BOP

Impresos Rede cultural 2013 – asociacións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email