Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

A viaxe a Pobra de Trives porá o punto final ao programa Coñece o teu país que nesta edición ofertou 440 prazas

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa ten previsto organizar para o sábado, 29 de setembro, a cuarta e última excursión do programa “Coñece o teu país” que nesta edición alcanzou os 440 asistentes e organizou saídas aos municipios de Carnota, Quiroga e Forcarei.

Nesta ocasión e para o mes de setembro, a provincia ourensá será o destino dun cento de arzuáns e arzuás que coñecerán máis de preto o concello da Pobra de Trives realizando unha visita ao Museo da Escola e da Infancia e ao mosteiro de San Salvador de Sobrado. O museo fai un percorrido pola historia de España dende o ano 1.800 a través do entrañable mundo escolar e infantil. O mosteiro de San Salvador é un dos templos románicos máis belos da provincia nel quedan aínda en pé restos do mosteiro das monxas benedictinas, as cales o habitaron ata comezos do século XVI.

Os veciños e veciñas de Arzúa que participen na excursión disporán tamén de tempo para pobrar a afamada bica da zona ou para pasear pola vila que, ao pé de Cabeza de Manzaneda, foi un importante centro de reunión da nobleza galega durante o século dezanove converténdoa así nun núcleo importante da provincia. A alameda de San Roque ou as prazas do Grifo e do Reloxo serán de obrigado paso.

A inscrición comezará o vindeiro luns día dezasete de setembro e segundo indicacións da responsable do Departamento de Cultura, Natalia Pereira Rey, todas as persoas interesadas en participar no programa deben achegarse persoalmente ao Departamento de Cultura, podendo anotar como máximo a un acompañante por cada solicitante.

As prazas dispoñibles iranse cubrindo por orde de inscrición. Todas aquelas persoas que desexen apuntarse poden facelo de maneira totalmente gratuíta no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa entre as 8:30h e as 14:30h.

Lembren que o a oficina está situada no edificio sociocultural María Mariño, na rúa Pai Pardo nº 33, no 1º andar (ao carón de Radio Arzúa).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email