Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

A pintora Guitián Prado será a artista convidada da exposición colectiva de artistas locais de Arzúa

 
Expo colectiva 2015

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa continúa cos preparativos da nova edición da Exposición colectiva de artistas locais que terá lugar neste mes de xuño na Capela da Madanela, dende o día 10 e ata o 18.

Ao igual que aconteceu en edicións anteriores, contarase coa presenza dun artista convidado de fóra para lograr unha maior promoción desta mostra máis alá do noso municipio e bisbarra. Este ano a quenda será para a pintora María del Carmen Guitián Prado. Veciña do municipio lucense de Sarria, é un dos membros do grupo de artistas que se formou en torno ao falecido pintor Antonio Álvarez Rivas, “Avari”. Ampliou a súa formación con varios cursos de óleo, debuxo e pintura. Especializouse durante cinco anos no centro de estudos CEAC e participou en diversas exposicións colectivas en lugares como Sarria e Quiroga. Na mostra de Arzúa presentará un conxunto de dez obras de diferentes técnicas, entre elas, pintura ao óleo, acuarela ou pastel cun estilo e temática clásico pero con selo propio.

Para facer partícipes aos veciños e veciñas do municipio que se adiquen a algunha disciplina artística, de xeito afeccionado ou profesional, como a pintura, debuxo, deseño gráfico, fotografía ou artesanía, convídase a participar nesta exposición colectiva cun máximo de tres traballos a calquera persoa que o desexe.

Para isto, cómpre reservar espazo no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa ata mañá venres, 3 de xuño. Tamén se pode chamar ao teléfono 981 500 222 para recibir máis información e aclarar calquera dúbida que poida xurdir. O espazo expositivo é limitado e irase cubrindo por rigorosa orde de inscrición.

A inauguración terá lugar o venres, día 10, ás 20.30 horas cunha actuación de música en directo.

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email