Arzúa o destino verde de Galicia

A música protagonizará as actividades restantes do Mes das Letras de Arzúa

21 mayo, 2013

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para os vindeiros días varias actividades relacionadas coa música dentro do Mes das Letras. Despois de celebrar o día forte das Letras Galegas con diversas actuacións moi ben acollidas polo público, Arzúa pecha o mes de maio cun obradoiro e cun concerto dun coro chegado dos Estados Unidos.

Os Venres 24 e 31 deste mes o Concello organiza, en colaboración co Conservatorio Profesional de Música da localidade, un obradoiro de Música vocal e instrumental na Casa da Cultura de 19:00 a 20:30 horas da tarde ambos os dous días. Este obradoiro está pensada para realizar dúas xornadas de portas abertas do conservatorio e da escola de música para que tanto nenos como mozos se interesen polas actividades que se desenvolven no centro de educación musical. Estas sesión desenvolveranse na Casa da Cultura e son unhas actividades abertas e gratuítas, sen inscrición previa.

Venres 31: o coro masculino Glee Club da Universidade de Notre Dame (Chicago, EUA) ofrecerá un programa de música clásica e popular o vindeiro venres 31de maio, ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Arzúa. O repertorio inclúe obras de Victoria, Morais e Mendelssohn, tanto espirituais como afroamericanas, cancións folclóricas, e musica de estilo popular norteamericano. A entrada tamén será libre.

Last modified: 24 diciembre, 2018

Comments are closed.