Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

A feira Arzúa Vende 2013 xa conta con programación

A feira Arzúa Vende 2013 xa conta con programación

<span style=»font-family: Arial, Arial;font-size: small»><span style=»font-family: Arial, Arial;font-size: small»>O Concello de Arzúa organiza para o sábado vinte e cinco de maio a segunda feira de artigos de segunda man e artesanía.

A cita, que leva o nome de «Arzúa Vende», repite neste ano despois do éxito de participación e de vendas acadado no 2012. O evento contunuará co obxectivo de convertirse nun marco de compra e venda no que tanto os veciños e veciñas de Arzúa como tamén xente de fóra poidan vender ou mercar artigos de segunda man e obxectos de artesanía.

A feira celebrarase no Recinto FeiralTerra do Queixo e conta xa cunha programación que ofrecerá durante todo o día diversas actividades.

  • 9:00 – Entrada de expositores
  • 11:00 – Apertura da feira
  • 12:30 – Demostración: Flores con material de refugallo (actividade aberta e sen inscrición previa)
  • 13:00 – Sorteo de Agasallos
  • 13:15 – Animación musical con Ce Orquestra Pantasma (home orquestra)
  • 16:30 – Obradoiro: Elaboración de Títeres (Inscrición previa no 981 500 222 ou no posto de información durante a feira. De 6 a 12 anos. Prazas limitadas)
  • 19:00 – Sorteo de Agasallos
  • 19:15 – Actuación: Ce Orquestra Pantasma
  • 20:00 – Clausura da feira

 

Activides paralelas:

  • 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 – Expsición de Arquetectura Popular de Bernardo Cascón Raposo (aula 4, primeiro andar)
  • 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00Inchable Infantil (gratuíto)

Os responsables da organización informan que o número de postos inscritos tanto de segunda man como de artesanía «é considerable xa que estase a punto de ocupar todo o espazo dispoñible». Sen embargo, lémbrase que a inscrición é gratuíta e aínda está aberta ata o vindeiro día quince de maio no Departamento de Cultura ou na Oficina Municipal de Información Xuvenil.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email