Arzúa o destino verde de Galicia

A exame 29 alumnos da Aula de Educación de Adultos de Arzúa

23 mayo, 2016

Exames Aula Adultos

O pasado sábado día 21, un grupo de 29 alumnos da Aula de Educación de Adultos do Concello de Arzúa, asistiron en Silleda aos exames conducentes á obtención das Competencias Clave.

As Competencias Clave son requisito formativo indispensable para aquelas persoas que queiran optar ao Certificado de Profesionalidade e non teñan a formación básica inicial que lles permita o acceso directo. Tamén son indispensables para optar á realización das especialidades formativas que convoca o INEM, como por exemplo a «Atención sociosanitaria en persoas dependentes en institución sociais», «Servicios de restaurante, bar e cafetería», «Cociña» e un longo etc.

Estas competencias clave comprenden un conxunto de contidos xerais de formación básica en diferentes áreas de coñecemento e son un instrumento para crear oportunidades de aprendizaxe para as persoas que carecen delas.

 

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.