Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

A Escola Cooperativa Móbil achégase ao IES de Arzúa para divulgar as potencialidades do cooperativismo

A Escola Cooperativa Móbil achégase ao IES de Arzúa para divulgar as potencialidades do cooperativismo

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que a Escola Cooperativa Móbil achegarase hoxe ao Instituto de Educación Secundaria onde permanecerá ata o 22 de Febreiro, dando a coñecer un proxecto que ensina todas as vantaxes do modelo cooperativo como saída laboral para sacar adiante iniciativas emprendedoras, dentro da campaña “Cooperativízate. Suma Forzas!” levada a cabo pola Consellería de Traballo.

Trátase dunha campaña que xa funcionou no curso 2010-2011 e que se volve a repetir polo éxito que tivo no período anterior. Está orientada principalmente aos rapaces que van rematar os estudos e que en moitos casos se queren incorporar ao mundo laboral, pero pola situación actual ou pola idade non atopan traballo. O obxectivo é chegar a estes rapaces e ofrecerlles unha alternativa a través das cooperativas.
Ademais de Arzúa, a aula móbil estivo en varias localidades da provincia da Coruña como Boimorto, Culleredo, Ferrol ou A Coruña, e tamén en diferentes lugares das provincias de Lugo e Ourense, onde se ofreceu a información máis actualizada e completa sobre o cooperativismo, orientación especializada por parte de técnicos especializados e un programa de actividades moi atractivo, co obxectivo de situar nun primeiro plano o cooperativismo como unha opción laboral de futuro.
Os monitores da Escola Cooperativa Móbil, que estará ubicada nas inmediacións do IES de Arzúa, ensinarán aos alumnos as vantaxes do cooperativismo, mediante sesións prácticas, coa finalidade de transmitir aos participantes dun xeito ameno e atractivo, os valores do cooperativismo, as habilidades sociais cooperativas, os pasos necesarios para crear unha cooperativa, así como a análise de casos de cooperativas de éxito.
A Aula Cooperativa Móbil achegarase a máis de 25 centros de todo o territorio galego e rematará o seu percorrido cun acto de clausura en Santiago de Compostela en Maio do 2013.

Máis información: http://www.cooperativizate.cooperativasdegalicia.com

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email