Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

A Concellería de Educación de Arzúa informa da convocatoria de diversas probas para a obtención de distintas especialidades formativas

O Concello de Arzúa informa que o vindeiro día 9 de febreiro ás 20.30 horas convócase a unha reunión a todos os interesados en realizar o curso «Preparación das Competencias Clave».

As Competencias Clave son requisito formativo indispensable para aquelas persoas que queiran optar ao Certificado de Profesionalidade e non teñan a formación básica inicial que lles permita o acceso directo.

Tamén son indispensables para poder optar á realización das especialidades formativas que convocan o Inem, como por exemplo a «Atención sociosanitaria a persoas en domicilio», «Atención sociosanitaria a persoas dependentes en istitucións sociais», «Servicios de restaurante, bar e cafetería», «Cociña» e un longo etc.

Estas competencias clave comprenden un conxunto de contidos xerais de formación básica en diferentes áreas de coñecemento e son un instrumento para crear oportunidades de aprendizaxe para as persoas que carecen delas.

A Concellería de Educación do Concello de Arzúa anuncia que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, ven de convocar a matrícula para o segundo cuadrimestre do curso «Preparación das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria» por módulos, isto é, realizar un curso en catro meses.

As persoas interesadas en formalizar a súa matrícula, pódeno facer na Aula de Educación de Adultos, sita no 1º andar do Edificio Centro Multiusos «Terra do Queixo», dende hoxe e ata o día 15 de maio.

Por outra banda tamén se anuncia que se veñen de convocar as probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria para maiores de 18 anos (un só exame) e que as persoas interesadas en acudir a esta proba teñen que formalizar a súa matrícula na Aula de Educación de Adultos tendo de prazo ata o vindeiro día 27 de marzo.

A data de exame está fixada para o día 29 de maio.

Lembren que toda a información sobre estes temas pódena solicitar na Aula de Educación de Adultos sita no Edificio Multiusos «Terra do Queixo», 1º andar, en horario das 17.00h ás 22.30h ou ben chamando ao número de teléfono 981500222.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email