Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

A Capela da Madanela de Arzúa volve a ser escenario dunha nova exposición dos artistas locais

bases policia local 2016

Anuncio bases y convocatoria BOP nº 89 de 11 de maio de 2016

O prazo de presentación de solicitudes: desde o 12-05-2016 a0 18-05-2016,ambos inclusive.

lista provisional  (publicación pax. web o día 23 de maio de 2016)
Expo colectiva 2015

No vindeiro mes de xuño, a Capela da Madanela será de novo o escenario no que os pintores, músicos, fótografos, escultores, escritores, debuxantes e moitas outras persoas dedicadas ao mundo da arte en Arzúa exporán as súas creacións. Así o vén de anunciar o Departamento de Cultura do Concello de Arzúa convocando unha nova edición da Exposición Colectiva de Artistas Locais.

As datas previstas para a mostra serán do 10 ao 18 de xuño (ambos incluídos), tendo lugar a inauguración da exposición o venres día 10, ás 20:30 horas, cunha actuación de música en directo.

Ao igual que aconteceu en pasadas edicións contarase coa presenza dun artista convidado de fóra para lograr unha maior promoción desta mostra máis alá do noso municipio e bisbarra.

Os veciños e veciñas de Arzúa que se adiquen a algunha disciplina artística, de xeito afeccionado ou profesional, como a pintura, debuxo, deseño gráfico, fotografía ou artesanía, están convidados a participar nesta exposición colectiva cun máximo de tres obras por artista.

  • Para participar, cómpre reservar espazo no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa antes do 3 de xuño achegando, persoalmente ou por correo electrónico, un impreso de inscrición que se pode conseguir nas dependencias municipais. O enderezo electrónico é cultura@arzua.gal. Tamén se pode chamar ao teléfono 981 500 222 para recibir máis información e aclarar calquera dúbida que poida xurdir. O espazo expositivo é limitado e irase cubrindo por rigorosa orde de inscrición.

O Concelleiro de Cultura de Arzúa, Miguel Vallo, convida a todos os artistas da localidade a participar nesta exposición “para sacar á luz a actividade creativa de cada un deles, que en moitas ocasións é descoñecida pola maioría”, e sinala que “ a mostra debe ser un punto de encontro que ten que servir para amosar, nun espazo idóneo como é a Capela da Madanela, a variedade e riqueza das obras dos nosos artistas”.

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email