Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

A Capela da Madanela acollerá unha exposición de artistas locais

 
Capela-da-Madanela

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa pon en marcha unha nova iniciativa para o vindeiro mes de xuño deste ano 2014. Trátase da organización dunha Exposición Colectiva de artistas locais que se levará a cabo na Capela da Madanela.

As datas elexidas son do 6 ao 15 de xuño (ambos incluídos) e a inauguración celebrarase o venres día 6 ás 20:30 horas coa música en directo da arzuá Aldara.

Ademais, como artista convidado nesta edición, contarase coa presenza de Óscar Aldonza que achegará a Arzúa a súa nova mostra de esculturas grazas á coordinación de Cristina Carballedo, do proxecto ‘Sumarte’. El é licenciado en Belas Artes e mestre da escola Mestre Mateo, participou recentemente na 7ª edición do Salón de Outono de Sarria e está seleccionado para a próxima edición do Salón de Outono de París.

Para facer partícipes aos veciños e veciñas do municipio que se adiquen a algunha disciplina artística de xeito afeccionado ou profesional como a pintura ao óleo, debuxo, deseño gráfico, fotografía ou artesanía, convídase a participar nesta Exposición Colectiva cun mínimo dunha obra e un máximo de seis a calquera persoa que o desexe.

Para isto, cómpre reservar espazo no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa o antes posible achegándose persoalmente, por correo electrónico ao enderezo cultura@arzua.gal ou chamando ao teléfono 981 500 222 no que tamén se pode recibir máis información e aclarar calquera dúbida que poida xurdir.

Descargar INSCRICIÓN – FICHA DO ARTISTA 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email