Arzúa o destino verde de Galicia

A Aula de Teatro Municipal Ánxel Casal iniciará o novo curso en outubro

20 septiembre, 2012

No vindeiro mes de outubro dará comezo un  novo curso da Aula de Teatro Municipal Ánxel Casal segundo a programación establecida polo Departamento de Cultura do Concello de Arzúa. Ao igual que veu sucedendo ata o de agora, os veciños e veciñas de Arzúa, sexan nenos, mozos ou adultos, poderán participar na aula de carácter gratuíto.

A Aula de Teatro Municipal comezou a súa andadura en marzo do 2006 e actualmente conta con dous grupos, o das “Nenas grandes”, integrado por mulleres da terceira idade que levan feito un traballo extraordinario con numerosas representacións en Arzúa e noutros moitos concellos do noso país e, por outro lado, a aula de teatro tamén traballa cun nutrido grupo de mozos e mozas denominado “Rapazada”.

Todas as persoas interesadas en participar na aula de teatro para este vindeiro  curso poderán anotarse de balde no Departamento de Cultura ou chamando ao 981 500 222; a data límite para inscribirse é o 31 de outubro. Os usuarios da aula no curso anterior non precisan de inscrición previa.

A concelleira de cultura, Natalia Pereira Rey, anima a todos os veciños e veciñas de Arzúa a participar no nosa aula de teatro para que se siga consolidando “como unha alternativa de ocio e lecer máis coa que se pretende responder ás inquedanzas que os arzuáns teñen coas artes escénicas e favorecer a relación social entre os seus usuarios”.

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.