Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

A Aula de Educación de Adultos do Concello de Arzúa estivo presente nas probas das Competencias Clave

Aula de Adultos Arzúa nas Competencias Clave

A Aula de Educación de Adultos do Concello de Arzúa informa que varios dos seus alumnos e alumnas formaron parte dos máis de 3.400 galegos que se presentaron ás Competencias Clave o pasado sábado no Recinto Feiral da Semana Verde de Silleda. Alí examináronse destas probas de avaliación, que unha vez superadas, garantirán os certificados de profesionalidade que lles facilitará a inserción laboral.

Os alumnos e alumnas realizaron as Competencias Clave de matemáticas, lingua castelá, lingua galega e inglés correspondentes aos niveis dous e tres que favorecerán a calidade e a integración da formación profesional para o emprego, facendo posible que as persoas que carecen das titulacións académicas poidan acceder á formación dos certificados de profesionalidade que lles permita acceder ao mercado laboral.

Os resultados das probas coñeceranse o vindeiro día 6 de xuño.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email