Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

A aula CeMIT do Concello de Arzúa presenta a oferta formativa para outubro, novembro e decembro

A aula CeMIT do Concello de Arzúa presenta a oferta formativa para outubro, novembro e decembro
A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición para catro novos cursos de
novas tecnoloxías de diversas temáticas : Dous obradoiros para aprender a usar o smartphone , un
curso de iniciación á informática e a internet enfocados a asistentes sen coñecementos previos ou
moi básicos, e un curso de mecanografía .
En colaboración coa Fundación Vodafone emitiranse dúas charlas de teléfonos intelixentes :
O venres 20 de outubro ás 11:00“usa o teu móbil para coidar a túa saúde , pedir cita médica online e
moito máis”. O venres 27 de outubro ás :11:00 “Coñece a fondo a rede social Facebook, aprende e
comarte información en blogs temáticos e foros”.
En colaboración coa Escola Galega de Consumo emitiranse dúas charlas : O 6 de novembro
ás 11:00 “Resolución de conflitos”, onde coñeceremos os nosos dereitos coma persoas
consumidoras así coma as vías de resolución de conflitos se estes se ven vulnerados, e o 4 de
decembro ás 11:00 “Dálle luz a túa factura”, onde se pretenden facilitar os coñecementos básicos
necesarios para comprender a factura eléctrica, para adoitar medidas de aforro no gasto eléctrico e
para realizar unha reclamación nos distintos supostos que se poidan presentar en relación á
contratación dos servizos prestados polas compañías eléctricas .
A oferta formativa da aula CeMIT para este ano complétase coa oferta de cursos de
iniciación ás novas tecnoloxías para rapaces e rapazas de primaria, en total 47 nenas e nenos
inscritos en seis grupos,e a realización de exames para a certificación galega de competencias
dixitais en ofimática (CODIX) .
Para inscribirse ou máis información poden chamar ao 981 500 447, pasar pola aula
CeMIT , Rúa de Lugo s/n, en horario de luns a xoves de 10:30 a 13:30 e de 15:30 a 20:30 e o venres
de 10:00 a 13:30 ou escribir un correo a cemit.arzua@xunta.gal

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email