Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

A aula CeMIT do Concello de Arzúa presenta a oferta formativa da aula para os primeiros meses do ano

A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición para novos cursos de novas tecnoloxías de diversas temáticas : Tres obradoiros para aprender a usar o smartphone , un curso de iniciación á informática e a internet enfocados a asistentes sen coñecementos previos ou moi básicos, Edición de imaxes co programa GIMP, correo electrónico e iniciación ás follas de cálculo co LibreOffice Calc.

En colaboración coa Escola Galega de Consumo emitiranse catro charlas: O 11 de marzo ás 12:00 “Contratación de viaxes”, onde coñeceremos os dereitos que nos amparan cando contratamos e realizamos unha viaxe, o 8 de abril ás 12:00 “O etiquetado dos produtos cosméticos”, onde explicarase o etiquetado, publicidade e unha serie de recomendacións a ter en conta para adquirilos dun xeito máis crítico e responsable. O luns 6 de maio “Contratación de seguros: Conceptos básicos, tipoloxía e reclamacións”, onde falaremos dos conceptos aplicables á contratación de seguros, coberturas e condicións, así como a realizar unha reclamación no caso de que se vexan vulnerados os nosos dereitos . E a última das charlas: “compras e contratacións a distancia: recomendacións prácticas e dereito de desestimento”, o día 3 de xuño ás 12:00 .

A oferta formativa da aula CeMIT para este ano complétase coa oferta de cursos de iniciación ás novas tecnoloxías para rapaces e rapazas de primaria, en total 50 nenas e nenos inscritos en sete grupos,e a realización de exames para a certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX) .

Para inscribirse ou máis información poden chamar ao 981 500 447, pasar pola aula CeMIT , Rúa de Lugo s/n, en horario de luns a xoves de 10:30 a 13:30 e de 15:30 a 20:30 e o venres de 10:00 a 13:30 ou escribir un correo a cemit.arzua@xunta.gal .

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email