Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

A aula CeMIT do Concello de Arzúa emitirá nove charlas da Escola Galega de Consumo

A aula CeMIT do Concello de Arzúa emitirá nove charlas da Escola Galega de Consumo
A primeira charla emitirase o 2 de outubro e tratará sobre o Consumo Responsable.

A aula CeMIT do Concello de Arzúa en colaboración co Instituto Galego de Consumo e a
OMIC do Concello de Arzúa emitirá o vindeiro luns, día 2 de outubro, ás 11:00 a charla “consumo
responsable”, enfocada a mellorar as nosas decisións de consumo, e escoller aqueles produtos que
realmente se adapten ás nosas necesidades polo que cómpre coñecer as características de cada
produto e servizo para poder actuar como consumidores responsables .
Non é a única charla, xa que ata xuño os primeiros luns de cada mes emitiranse charlas de
temáticas moi interesantes como os dereitos dos consumidores, a resolución de conflitos, telefonía,
talleres de reparación de vehículos, factura do gas …
As charlas emitiranse en modo videoconferencia desde a Escola Galega de Consumo, no que
aínda que non sexa de forma presencial habilitarase un chat e micrófono por se os e as asistentes
queren formular algunha pregunta aos e ás conferenciantes .
O itinerario de charlas así como as temáticas son as seguintes :
 2 de outubro “Consumo responsable”
 6 de novembro “Resolución de conflitos”
 4 de decembro “Dálle luz á túa factura”
 8 de xaneiro “Telefonía Móbil”
 5 de febreiro “Etiquetado”
 5 de marzo “Talleres de reparación de vehículos, dereitos das persoas usuarias .
 9 de abril “Aluguer e vivenda”
 7 de maio “A factura do gas”
 4 de xuño “A contratación de viaxes”
Para inscribirse ou máis información poden chamar ao 981 500 447, pasar pola aula CeMIT
de Arzúa (Telecentro) , Rúa de Lugo s/n, en horario de luns a xoves de 10:30 a 13:30 e de 15:30 a
20:30 e venres de 10:30 a 13:30 ou escribir un correo a cemit.arzua@xunta.gal .

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email