Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

A aula CeMIT do Concello de Arzúa emitirá a charla “Contratacións a distancia” impartida pola Escola Galega de Consumo

A aula CeMIT do Concello de Arzúa en colaboración co Instituto Galego de Consumo e a OMIC do Concello de Arzúa emitirá o vindeiro luns, día 3 de xuño, ás 12:00 a charla “Compras e contratacións a distancia: Recomendacións prácticas e dereito a desestimento”, enfocada en afondar nos dereitos das persoas consumidoras e usuarias, centrándonos especialmente no coñecido como dereito de desistimento para o caso que decidamos dar marcha atrás na contratación así realizada .
Non é a única charla, xa que desde setembro do 2018 ata hoxe emitíronse charlas de temáticas moi interesantes como os dereitos dos consumidores, a resolución de conflitos, telefonía, talleres de reparación de vehículos, factura do gas …
A charla emitirase en modo videoconferencia desde a Escola Galega de Consumo, no que aínda que non sexa de forma presencial habilitarase micrófono ao final da charla para turno de preguntas por parte dos e das asistentes .

Para inscribirse ou máis información poden chamar ao 981 500 447, pasar pola aula CeMIT de Arzúa (Telecentro) , Rúa de Lugo s/n, en horario de luns a xoves de 10:30 a 13:30 e de 15:30 a 20:30 e venres de 10:30 a 13:30 ou escribir un correo a cemit.arzua@xunta.gal .

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email