Arzúa o destino verde de Galicia

A aula CeMIT de Arzúa abre o prazo de inscrición para un taller de smartphones/tablets para maiores

20 julio, 2017

A fundación Orange en colaboración coa Rede CeMIT e o Concello de Arzúa presenta un novo taller de smartphones para maiores de 60 anos, de aproximadamente, hora e media de duración que comezará o xoves 27 de xullo ás 11:00 na aula CeMIT .

O obxectivo principal desta actividade é o de ensinar aos e ás participantes as pautas básicas do funcionamento do móbil para facer a súa experiencia máis doada, que adquiran maior autonomía e se familiaricen coa tecnoloxía móbil. En definitiva, o que se busca é que a xente maior poida preguntar e obter respostas, que é o que a maioría das veces demandan .

Para inscribirse ou máis información poden chamar ao 981 500 447, pasar pola aula CeMIT de Arzúa (Telecentro) , Rúa de Lugo s/n, en horario de luns a xoves de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 e o venres de 10:00 a 14:00 ou escribir un correo a cemit.arzua@xunta.gal .

Last modified: 21 diciembre, 2018

Comments are closed.