Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

A aula CeMIT abre o prazo de inscrición para un curso formativo de tablets e teléfonos intelixentes

A aula CeMIT abre o prazo de inscrición para un curso formativo de tablets e teléfonos intelixentes

A actividade desenvolverase os venres 12, 19 e 26 de maio, 2, 9, 16 e 23 de xuño de 11:00 a 12:30 

 

A fundación Vodafone e FEGAUS(Federación Galega de universitari@s seniors) en colaboración coa Rede CeMIT presenta o seminario “Saca o máximo partido ao teu teléfono intelixente ou tablet e goza de todo o que internet che ofrece” .

A actividade consta de sete seminarios, impartidos mediante videoconferencia, onde os e as

asistentes disporán dunha plataforma de moi fácil acceso con diverso material así coma as grabacións dos mesmos .

O curso está enfocado a persoas cun nivel de aceptación e uso das novas tecnoloxías inicial. Nos seminarios online propostos preténdense dar a coñecer os principais usos que teñen os dispositivos móbiles e tablets no perfil de usuario destinatario, coa clara intención de desbloquear os temores e barreiras psicolóxicas que en moitos casos existen no seu uso por parte dos maiores, achegándolles os coñecementos necesarios e a aplicación directa da tecnoloxía no seu día a día .

 

Para inscribirse ou máis información poden chamar ao 981 500 447, pasar pola aula CeMIT de Arzúa (Telecentro) , Rúa de Lugo s/n, en horario de luns a xoves de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 e o venres de 10:30 a 13:30 ou escribir un correo a cemit.arzua@xunta.gal .

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email