Arzúa o destino verde de Galicia

A 38ª Festa do Queixo comeza coa convocatoria do CONCURSO de CARTEIS 2013.

10 octubre, 2012

Arzúa, Faltan 150 DÍAS!

O concurso de carteis outorgará 4 premios, cunha dotación económica de 600, 300 e 100 euros para o 1º, 2º e 3º premio, respectivamente.
Ademais, compleméntase con agasallos como fins semana e xantares en aloxamentos de turismo rural, queixos D.O.P. Arzúa-Ulloa, lotes de produtos da festa (prato de cerámica de Sargadelos, camisetas, memorias USB, etc)

Na pasada edición o certame chegou por 3º ano consecutivo a un rexistro histórico de pezas presentadas, recibindo máis de 130 propostas das catro provincias galegas e o resto do estado. Agardamos recibir en Arzúa un lote de propostas en diferentes técnicas, todas elas alimentadas da maior creatividade 😉

Ese ano adiantamos a data de convocatoria das bases e a elección do gañador e premiados, que coñeceremos xa en decembro. A data límite para presentación de orixinais é o 12/12/2012!

+info do evento no web, no blog e no twitter e facebook da festa

Grazas pola súa difusión! 😉
Un cordial saúdo,
Concello de Arzúa / Organización


FESTA DO QUEIXO, ARZÚA -Festa de Interese Turístico Galego-
www.festadoqueixo.org
www.festadoqueixo.blogspot.com
www.twitter.com/festaqueixo
www.facebook.com/festadoqueixo
www.youtube.com/festadoqueixo
www.concellodearzua.com

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.