Arzúa o destino verde de Galicia

Programación de Nadal 2012-2013

30 noviembre, 2012

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para os meses de decembro e xaneiro unha completa e variada programación de actividades co gallo da celebración das festas do Nadal.

DECEMBRO 2012

Do 3 ao 11. Exposición: “Cartas de amor” na Capela da Madanela, de 19:00 a 21:00 horas. Organiza: C.I.M.

Do 14 ao 31. Exposición: Concurso de Carteis anunciadores da 38ª Festa do Queixo na Capela da Madanela, de 19:00 a 21:00 horas

Domingo 16. Votación popular do concurso “Carteis anunciadores da 38ª Festa do Queixo” na Capela da Madanela, de 12:00 a 14:00 horas

Venres 21. FESTIVAL DE NADAL: Actuación dos alum@s do Conservatorio e da Escola de Música de Arzúa na Casa da Cultura, ás 20:30 horas

Sábado 22. TEATRO: Actuación da Aula de Teatro Ánxel Casal de Arzúa co espectáculo “Representación de Nadal” na Casa da Cultura, ás 19:00 horas

Domingo 23. MÚSICA: Actuación da Rondalla Moraima na Casa da Cultura, ás 20:00 horas

Mércores 26. CINE: “Arthur Christmas: Operación Regalo” no Telecentro ás 17:30 horas

Venres 28. MAXIA: Actuación do Mago Rafa co espectáculo “Momentos máxicos” no Recinto Ferial Terra do Queixo, ás 17:30 horas

 

XANEIRO 2013

Do 1 ao 14. Exposición: Concurso de Carteis anunciadores da 38ª Festa do Queixo na Capela da Madanela, de 19:00 a 21:00 horas

Mércores 2. CINE: “El Gato con Botas” no Telecentro ás 17:30 horas

Sábado 5. CABALGATA DE REIS: desfile polas rúas da vila e recepción e entrega de agasallos no Recinto Feiral Terra do Queixo, a partires das 17:30 horas

 

A Concelleira de Cultura, Natalia Pereira Rey, está moi satisfeita coa programación cultural para este Nadal porque “ofrece un completo programa para todos os públicos, axudando a dinamizar aínda máis o noso concello nestas datas tan especiais” e anima a todos e todas a participar para “enchelas de sentido e para desfrutar, sobre todo, os máis pequenos de todas as propostas”.

Last modified: 23 diciembre, 2018

Comments are closed.