Arzúa o destino verde de Galicia

28 de Setembro: Tarde de Cine co director Ángel de la Cruz

19 septiembre, 2012

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza, dentro da programación cultural do mes de setembro, a proxección da película “Los muertos van deprisa”. O filme é unha comedia para todos os públicos no que participan, entre outros, Chete Lera, Neus Asensi, Manuel Manquiña ou María Castro. A proxección realizarase o vindeiro venres día 28 de setembro a partires das sete e media da tarde no telecentro de Arzúa. A entrada será gratuíta e a sesión cinematográfica contará coa presenza do seu director, Ángel de la Cruz, e co sorteo de agasallos entre os asistentes. Ángel de la Cruz é socio da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España e da Academia Galega do Audiovisual. Naceu na Coruña no ano 1963 e comezou no mundo do cine no ano 1993 como axudante de decoración en «Tirano Bandeiras» e como guionista e director prodúcense no ano 1995 coa triloxía de curtametraxes «Sitcom Show», «Paranoia dixital» e «Aínda máis difícil» ata que pasou a ser máis coñecido con diversas producións cinematográficas entre as que destacan as longametraxes «O bosque animado» e «O soño dunha noite de San Xoan» e “Los muertos van deprisa” coas que conseguiu, entre outros galardóns, varios premios Goya. A Concelleira de Cultura, Natalia Pereira Rey, convida a todos os veciños e veciñas a asistir “a esta sesión de cine tan especial coa que dende o Concello de Arzúa se quere apoiar o alto nivel de moitos profesinais galegos que se adican ao cine”.

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.