Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

23 XUNTANZA DOS/DAS NOSOS/AS MAIORES

O Concello de Arzúa organiza para o día 27 de abril de 2019 a 23ª XUNTANZA DOS/AS NOSOS/AS MAIORES, que se celebrará no Recinto Feiral Terra do Queixo de Arzúa co seguinte programa de actos:

12:30 horas Misa campestre.

13:30 horas * Pregón de benvida aos asistentes.

* Entrega de premios á muller e ao home de maior idade.

14:00 horas Xantar ofrecido gratuitamente polo Concello de Arzúa.

17:00 horas Gran baile amenizado por Suso de Boente.

20:00 horas Remate dos actos e despedida aos asistentes.

Poderán asistir a dita xuntaza tódas as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

* Ser maior de 65 anos,

* Estar empadroado no Concello de Arzúa,

Tamén poderán ser beneficiarios os cónxuxes de quenes reúnan os requisitos anteriores.

Deberán recoller a invitación antes do día 17 de abril, provistos de Documento Nacional de Identidade, da seguinte maneira:

* Para os empadroados no casco urbano, nos Servizos Sociais do Concello.

* Para os empadroados nas Parroquias, mediante os Alcaldes Pedáneos.

Haberá transporte gratuito. O seu percorrido será o mesmo que realiza o transporte escolar e recollerá a xente a partir das 11:15 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email