Arzúa o destino verde de Galicia

1ª Feira do Libro: Programación e expositores

16 abril, 2018

O Concello de Arzúa organiza a primeira edición da Feira do Libro co obxecto de promover o hábito lector e a dinamización cultural e comercial do casco histórico da vila.
A cita celebrarase o sábado 21 de abril na rúa Cima do Lugar en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00h. Se o tempo non acompaña, o mercadiño instalarase na Capela da Madanela.

PROGRAMACIÓN
• 11:00 – 14:00h: Feira con exposición e venda, Espazo infantil e Exposición do XI Certame de Artesanía Antonio Fraguas.
• 14:00 – 17:00h: A feira estará pechada.
• 17:00 – 20:00h: Feira con exposición e venda, Espazo infantil e Exposición do XI Certame de Artesanía Antonio Fraguas. Ás 18:00h actuación de Picadiscos Mari Faltri.
• 20:00h: Sorteo dun lote de libros e peche da feira.

EXPOSITORES
VALÍN LIBROS (Particular – Lugo)
Libros, vinilos e cd`s.

CARTAFOL (Libraría – Arzúa)
Libros, xoguetes e discos.

OZOCOgz deseño galego (Deseño gráfico – O Carballiño)
Camisolas, cadernos, xogos, libors e cd`s.

ALEJANDRO LONGUEIRA-ANTIGÜEDADES (Particular – Cambre)
Libros, antigüidades, xoguetes e coleccionismo.

VINILOS E LIBROS (Particular – Santiso)
Libros, vinilos e cd`s.

TENDA CULTURA (Editorial – Vigo)
Libros, serigrafías, pinturas e atriles.

EDITORIAL CANELA (Editorial – A Coruña)
Libros de cultura popular galega.

LIBROS SOLIDARIOS (Particular – Arzúa)
Libros.

Last modified: 1 junio, 2018

Comments are closed.