Arzúa o destino verde de Galicia

17 artistas confirmaron a súa participación na primeira edición de Arte na rúa de Arzúa

12 septiembre, 2018

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza este venres día 14 de setembro, dentro da programación de verán e en colaboración con Sumarte, a actividade Arte na rúa. Trátase dunha xornada na que pintores e escultores realizarán obras ao aire libre e en directo na contorna da Capela da Madanela e na rúa Cima do lugar, coincidindo co paso do Camiño Francés pola vila.
As creacións artísticas inspiradas no Camiño de Santiago por Arzúa faranse de 10:00 a 14:00 da mañá e despois terá lugar un xantar de confraternidade. Ás sete da tarde inaugurarase a mostra das obras realizadas na Capela da Madanela coa colaboración de ALBERTERIBERO e con petiscos de queixo DOP Arzúa-Ulloa. A galería estará aberta do 17 ao 21 de setembro na Madanela en horario de sete a oito e media e con visitas guiadas gratuítas todos os días as sete e media.
Despois da convocatoria aberta, inscribíronse un total de dezasete artistas chegados de diferentes puntos de Galicia: Antonio Abad, Tino Canicoba, Novais, Julio Sanjurjo, Laureno Vidal, Isabel Alonso, Macía, Corín Cervera, Manolo Rivera, Luisa Montenegro, Conchita Montenegro, Mila Vázquez, Lomarti, Violeta Bernardo e Antonio Souto. No evento tamén participarán os artistas locais Mª José Plata e Roberto Castro. Este último, aproveitará a xornada para presentar a mostra Alicerce composta de obras que fan un repaso á vida do arzuán ao longo do tempo e tamén obras creativas cheas de imaxinación e cor, feitas con diferentes materiais artísticos sendo dominante o óleo sobre lienzo e o acrílico sobre tabliña ou lienzo.

Last modified: 21 septiembre, 2018

Comments are closed.