O día 20 de outubro celébrase o DÍA DA PROBA DO VIH. Un dos principais obxectivos do Programa de Atención e Prevención do VIH de Cruz Vermella é favorecer a diagnose precoz da infección. En España calcúlase que un 30% das persoas que viven co VIH descoñecen o seu estado e case a metade dos novos diagnósticos por infección VIH son tardíos, é dicir cando as persoas presentan xa un deterioro inmunolóxico considerable.
As persoas con VIH cando son diagnosticadas poden benficiarse do tratamento e dunha asistencia sanitaria integral, o que aumenta a súa calidade e a súa esperanza de vida.
Ademais, dende a perspectiva, de saúde pública, as persoas que descoñecen que teñen o VIH teñen un comportamento sexual de maior risco co que as posibilidades de transmisión a nivel poboacional e de reinfección son maiores.
Por iso, durante a semana do 17 ao 23 de outubro estase levando a cabo unha campaña de sensibilización e información sobre a conveniencia de realizarse a proba do VIH cando se viviu unha situación de risco. O lema desta campaña, en consoancia co proxecto de «Formación e sensibilización ante a descriminación polo VIH» que Cruz Vermella e Cruz Vermella Xuventude desenvolven en 16 asambleas, é o seguinte: “De ti depende…#PruebaVIH”.
Como se pode ver no vídeo publicado en Cruz Vermella TV, http://www.cruzroja.tv/video/9527/ , facerse a proba do VIH é moi sinxelo. Ademais, pódese consultar onde facela descargando a nosa app ou contactando co Servizo Multicanal de Información e Prevención do VIH.
DE TI DEPENDE #PRUEBA VIH