Arzúa o destino verde de Galicia

Cruz Vermella Arzúa: 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres

8 marzo, 2016

Cruz Vermella e a labor coas mulleres

 

A promoción da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e a loita contra a discriminación é para Cruz Vermella un eixe transversal que percorre todas as súas actuacións.

No ano  2015, máis de 8.000 mulleres participaron nos proxectos de intervención social, o que representa un 65 por cento das persoas participantes.

A organización conta con recursos e proxectos específicos dirixidos a mulleres que sofren ou sufriron  violencia de xénero, nos que se ofrece asesoramento xurídico, accións de orientación e apoio psicosocial ou acompañamento a recursos comunitarios. Ademais, 277 mulleres participaron o ano pasado en itinerarios do Plan de Emprego da organización e o 60 por cento lograron a súa inserción laboral.

Dende Cruz Vermella Xuventude  realizáronse  tamén en 2015 actividades de coeducación e prevención de condutas violentas con máis de 2.000 xoves e adolescentes da provincia.

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.