Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

1 de decembro, Día mundial da loita contra a SIDA

CRUZ VERMELLA ARZÚA

Decembro 2014

O 1 de decembro, Día mundial da loita contra a SIDA, figura como unha data moi importante para  Cruz Vermella, xa que dende a súa sección xuvenil teñen como un dos seus obxectivos primordiales o desenvolvemento e benestar da infancia e da xuventude.

Por esta razón ponse en marcha a campaña deste ano que ten como lema “Información VIH uniuse ao grupo”, coa finalidade de lograr que se adquiran e manteñan hábitos saudables e evitar condutas de risco ante a infección do VIH, así como erradicar actitudes ou comportamentos relacionados co estigma e a discriminación cara as persoas que conviven con esta enfermidade.

Deste xeito búscase compartir unha información verídica sobre o VIH e a SIDA a través de ferramentas xuvenís, xa que entendemos que o grupo de risco é o que está formado por persoas desinformadas que se sinten alleas ao VIH e a SIDA.

Por esta razón hoxe dende as 12:00 ata a 13:00 horas un grupo de voluntarios de Cruz Vermella de Arzúa, desenvolverán unha actividade de sensibilización na praza da vila.

Ademais tamén se conta cunha ferramenta fundamental dende fai varios anos que é o teléfono de atención gratuito 900 111 000. A través deste servizo aténdese de xeito anónimo e confidencial, as consultas da poboación relacionadas coa infección por VIH. Esta xestionado por persoal especializado e conta coa financiación do Plan Nacional sobre a Sida. Dispón tamén dun correo electrónico de consulta: informacionvih@cruzroja.es.

Para máis información chamar ó teléfono: 981 500 589 ou no enderezo electrónico arzua@cruzroja.es

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email